Monthly Archives: Setembro 2009

O Eterno Navegar de Uxía chega a Brasil 0

Uxía viaxa por catro estados brasileiros co seu último disco, Eterno Navegar, despois do éxito acadado polo espectáculo Cantos na Maré, que pechou onte o V Encontro de Negócios na Língua Portuguesa. O Spirito Jazz de Vitoria (Espirito Santo) será o primeiro porto no que recale Uxía co seu último traballo, os día 2 e [...]

Cantos na Maré en Fortaleza 0

O espectáculo Cantos na Maré, creado por Nordesía en 2003, pecha esta noite ás 20h no teatro José de Alencar de Fortaleza (Brasil) o V Encontro de Negócios na Língua Portuguesa. Ao evento asistirán autoridades económicas, representantes das cámaras de comercio, embaixadores e máis de 1.800 empresarios dos oito países integrados na Conferência de Países [...]

Peret en Lugo 0

Peret actúa en Lugo o día 5 de outubro ás 20.30, na praza Horta do Seminario. Pouco antes da súa presenza no programa de festas do San Froilán 2009, o cantante anunciou o lanzamento dun novo disco, De los cobardes nunca se ha escrito nada, que sairá á venda o 3 de novembro e do [...]

Mélissa Laveaux en Ferrol 0

Mélissa Laveax está arrasando nas radios co seu último tema, a versión do Crazy in Love de Beyoncé que gravou xunto a Mocky que podedes escoitar premendo no reprodutor. Laveaux actuará no teatro Jofre de Ferrol o vindeiro 3 de outubro ás 20.30h. Será o seu primeiro concerto en Galicia… pero seguro que non é [...]

Cantos na Maré chega a Brasil 0

O teatro José de Alencar de Fortaleza (Brasil) acollerá o próximo día 29 de setembro a partir das 20h o espectáculo Cantos na Maré, creado por Nordesía no 2003 e que dende aquela se celebrou con éxito cada decembro en Pontevedra. Na súa edición brasileira, Cantos na Maré conserva a dirección artística de Uxía, creadora [...]

Joao Afonso en Marín 0

Joâo Afonso actuará en Marín o día 25 de setembro, ás 22h. O concerto enmárcase dentro do Festival da Canción Mariñeira 2009, terá lugar na carpa situada no Paso Alcalde Antonio Blanco e a entrada será gratuíta.
Foto: Xavier Belho para o Festival dos Abrazos 2009

Nidi D’Arac no Mercat de Música Viva de Vic 0

Nordesía estará un ano máis presente no Mercat de Música Viva de Vic e aproveita a ocasión para dar a coñecer a Nidi D’Arac, fusión dos ritmos tradicionales do sur de Italia coas tendencias musicais do terceiro milenio, cun showcase que terá lugar o 19 de setembro ás 24H00 en Sucre 1.

Nova identidade virtual 0

Nordesía renova a súa presenza na rede cunha nova páxina, máis limpa e funcional, que recolle o amplo catálogo de artistas que distribúe dentro e fóra de Galicia. Completan a nova indentidade virtual de Nordesía unha serie de ferramentas como o facebook ou o flickr. Afrontamos estes cambios coa ilusión e a confianza de atoparvos, [...]