Nova identidade virtual

Nordesía renova a súa presenza na rede cunha nova páxina, máis limpa e funcional, que recolle o amplo catálogo de artistas que distribúe dentro e fóra de Galicia. Completan a nova indentidade virtual de Nordesía unha serie de ferramentas como o facebook ou o flickr. Afrontamos estes cambios coa ilusión e a confianza de atoparvos, tamén, nestoutra rede.