Monthly Archives: Outubro 2009

Yann Tiersen en Compostela 0

Convertido nun dos grandes nomes da escea musical europea, o compositor e multi-instrumentista bretón Yann Tiersen regresa este outono aos escenarios para presentar en directo as cancións que gravou en 2009 para o seu novo e esperado disco, Dust Lane, que editará nos próximos meses. En Galicia, a cita será o sábado 21 de novembro [...]

Alo Irmao na Monkey Week 0

Nordesía presenta Aló Irmao, encontro creativo dun dos artistas máis sorprendentes do actual panorama musical de Galicia, Fran Pérez Narf, co gran guitarrista e cantante africano Manecas Costa, o domingo día 11 de outubro ás 15.30h no Teatro Municipal Pedro Múñoz Seca, dentro da Monkey Week.
Máis información en:
Web de Aló Irmao
Myspace Aló Irmao
Twitter @aloirmao
Flickr Aló [...]

Blasted Mechanism na Monkey Week 0

Ofrecémosvos o novo video de Blasted Mechanism, Grab a Son o mesmo día que Nordesía presenta este espectacular grupo portugués na Monkey Week. O concerto será esta noite no Monasterio de la Victoria, dentro do I’m an artist Festival. Os Blasted Mechanism compartirán escenario con Wire, Silver Apples, Los Coronas, Tokyo Sex Destruction, Paco Loco [...]

Moriarty en Braga 0

Moriarty presentaron onte no Teatro Circo de Braga Gee Whiz But This Is a Lonesome Town, o seu último álbum, feito de historias sen idades nin fronteiras que os Moriarty contan de forma excéntrica. Gee Whiz But This Is a Lonesome Town xorde en 2007 como reflexo dunha carreira iniciada a finais da década dos [...]

Nordesía na Monkey Week 0

Nordesía participa a partir de mañá e ata o luns día 12 na primeira edición da Monkey Week, unha nova feira da música ideada por La Mota Ediciones e polos músicos Enrique Bunbury, Paco Loco e Gary Louris.
A Monkey Week celébrase no Puerto de Santa María (Cádiz), co apoio institucional da Junta de Andalucía, [...]

Putumayo inclúe un tema de Uxía no seu último compilatorio 0

O selo neoiorquino Putumayo, especializado na produción de espléndidos compilatorios sobre músicas do mundo, acaba de lanzar un volume dedicado a España que recolle once temas doutros tantos artistas no que eles definen como “unha mostra da saborosa paella musical que é a música española actual”. Unha mostra na que inclúen a “Danza Ritual” do [...]

María del Mar Bonet en Lugo 0

María del Mar Bonet actuará o 11 de outubro ás 20.30h na praza de Santa María, en Lugo. O concerto, que se enmarca no programa do San Froilán 2009, celébrase en virtude do convenio suscrito untre o ICIC e a AGADIC para desenvolver o programa Catalan Music on Tour, que terá outros concertos en Galicia. [...]

Eliseo Parra recibe un dos premios Altaveu 2009 0

Eliseo Parra recibiu de man dun xurado de especialitas composto por xornalistas e directores de festivais de música un dos seis premios Altaveu que achega o Festival cada edición. O xurado premiou a Parra, “por realizar una carrera excepcional en el campo de la recuperación y la puesta al día de la tradición musical [...]

Nova xira de Hocus Pocus 0

Hocus Pocus volven á estrada, cun disco de ouro nas súas mans e a xira Place 54, na que encheron catro salas en París, ás súas costas. Atoparémolos a partir do próximo outono en pequenos clubs. En París poderallos ver no local Maroquinerie os días 25, 26 e 27 de Novembro. En febreiro de 2010 [...]

Nova xira de Loo & Placido 0

O novo álbum de Loo & Placido, Electronic Popstars Killers, saíu ao mercado a principios de 2009. A partir dese momento lanzáronse a unha xira que os levou por algúns dos clubs e festivais de maior renome do mundo. Salas como Razzmataz (Barcelona), Elastico Flexiclub (Madrid), Poño Lounge (Berlín), Ososphere (Estrasburgo), Social Club (París) ou [...]