María del Mar Bonet actuará o 11 de outubro ás 20.30h na praza de Santa María, en Lugo. O concerto, que se enmarca no programa do San Froilán 2009, celébrase en virtude do convenio suscrito untre o ICIC e a AGADIC para desenvolver o programa Catalan Music on Tour, que terá outros concertos en Galicia. Están tamén confirmadas a actuación dos Gossos no Teatro Principal de Pontevedra o 24 de outubro ás 21h e outra de María del Mar Bonet, tamén no Teatro Principal de Pontevedra, o 21 de novembro ás 21h.
Foto: Juan Miguel Morales

