Nordesía na Monkey Week

Monkey Week

Nordesía participa a partir de mañá e ata o luns día 12 na primeira edición da Monkey Week, unha nova feira da música ideada por La Mota Ediciones e polos músicos Enrique Bunbury, Paco Loco e Gary Louris.

A Monkey Week celébrase no Puerto de Santa María (Cádiz), co apoio institucional da Junta de Andalucía, e dentro dela teñen cabida unha Mostra Internacional de Música e máis un Recinto Feiral, aberto al público, no que haberá stands de empresas discográficas, promotoras, programadoras, fabricantes de instrumentos, equipos de son, asociacións de salas de concertos, prensa especializada e, por suposto, músicos.

+ info: http://monkeyweek.org/