
Fuxan os Ventos actuará no Teatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova de Vigo o mércores 16 de decembro ás 20.30h con motivo do Concerto de Nadal que organiza todos os anos a Vicerectoría de Extensión Cultural da Universidade de Vigo. Fuxan os Ventos presentará neste concerto o seu espectáculo Terra de Soños, no que conta coa participación de Uxía, Xavier Díaz, Guadi Galego, Nova Galega de Danza, Rodrigo Romaní, Miguel Lustres, Sabela Rodríguez e Pepe Ferreirós.
