Categories: Sen categorizar
Monthly Archives: Decembro 2009
Narf na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago 0
Narf despide o 2009 cun concerto na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela. Coa súa guitarra volverá amosar ese son persoal que lle dá un carácter universal á súa música. No concerto ofrecerá unha escolma de pezas dos seus discos, ademais dalgún que outro tema novo. A cita é este mércores 30 de xaneiro [...]
Categories: Sen categorizar
Éxito de Cantos na Maré 0
O sábado 19 Pontevedra acolleu a sétima edición do espectáculo de Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía. Saldouse de novo con éxito: pola calidade da proposta musical, o cheo nas butacas do Pazo da Cultura e a sintonía entre público e artistas. Houbo momentos para aplaudir, emocionarse, corear e incluso bailar.
Tito Paris, Raquel Tavares, [...]
Categories: Sen categorizar
Ensaios para Cantos na Maré 0
Desde o mércores sucédense os ensaios para a nova edición de Cantos na Maré. Paulo Borges dirixe unha banda na que o acompañan Santi Cribeiro, Ruben Santos, Xacobe Martínez e Quiné. Xunto a Fred Martins, Raquel Tavares, Uxía e Tito Paris ensaian os tempos e depuran o son de cara á cita de mañá sábado. [...]
Categories: Sen categorizar
Tino Barreiro gaña o GZcrea de carteis 0
É novo e ten talento. Tino Barreiro vén de gañar o primeiro premio Gzcrea de carteis, convocado pola Dirección Xeral de Xuventude. O xurado escolleu o seu cartel “Pegadas de historia” como o mellor nunha edición que tiña o Xacobeo como tema. Nunha entrevista na web BriefingGalego.com explica que quixo “representar esa unión tan persoal [...]
Categories: Sen categorizar
Fuxan os Ventos en Vigo 0
Fuxan os Ventos actua hoxe mércores 15 de decembro ás 20.30h no teatro do Centro Cultural Caixanova de Vigo. O grupo presentao seu espectáculo Terra de Soños, no que conta coa participación de Uxía, Xavier Díaz, Guadi Galego, Nova Galega de Danza, Rodrigo Romaní, Miguel Lustres, Sabela Rodríguez e Pepe Ferreirós. Fuxan os Ventos foi [...]
Categories: Sen categorizar
Os mellores discos da década 0
Times Online vén de escoller os dez mellores discos de “músicas do mundo” da década. A listaxe encabézaa o grupo tuareg Tinariwen, co seu disco de debut The Radio Tisdas Sessions. Entre os seleccionados atópanse tres artistas que actualmente distribúe Nordesía: Amadou et Mariam co seu álbum Dimanche A Bamako, Salif Keita, con Moffou e [...]
Categories: Sen categorizar
Nova travesía de Cantos na Maré en Pontevedra 0
Onte presentouse en Pontevedra a nova edición de Cantos na Maré, que terá lugar o sábado 19 ás 21 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Así o recollen hoxe os medios:
Ese é o espíritu de Cantos na Maré: crear pontes, incentivar proxectos, propoñer encontros, amosar que a nosa lingua só ten horizontes, non cancelas. [...]
Categories: Sen categorizar
Preséntase Cantos na Maré 2009 0
Este xoves en Pontevedra preséntase a nova edición de Cantos na Maré, a cita na que a música, a lingua e a cultura galegas se conectan co mundo lusófono. O festival celebra o sábado 19 no Pazo da Cultura a súa sétima edición, e desta volta mestura as voces novas de Raquel Tavares (Portugal) e [...]
Categories: Sen categorizar
A Orquesta Árabe de Barcelona en Sons da Diversidade 0
O segundo concerto do novo ciclo de Sons da Diversidade é unha cita co contacto entre culturas. A Orquesta Árabe de Barcelona actúa o sábado 12 de novembro ás 21 horas no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela). A OAB naceu á beira do Mediterráneo para falarlle da cultura árabe a unha sociedade que con [...]
Categories: Sen categorizar
