A música de Aló Irmao chega a São Paulo

aloirmao_brasil

Despois de actuar en Porto Alegre e dar un salto a Arxentina para participar na noite atlántica de Nordesía na feira Bafim de Bos Aires, Aló Irmao remata esta semana a súa xira polo Brasil. Este martes 1 de decembro Fran Pérez Narf e Manecas Costa actúan na localidade bahiana de Jequié, e o mércores 2 fano en São Paulo, na Sala Adoniram Barbosa do Centro Cultural São Paulo.

O venres 4 pechan a xira cunha actuación no Teatro Castro Alves de Salvador de Bahía, escenario principal do Mercado Cultural. Alí amosarán o resultado dun obradoiro no que traballaron durante a pasada fin de semana en Salvador con dez alumnos de percusión arredor do tema Quero ser tambor. A web do Mercado Cultural publicou unha entrevista con Fran Pérez e Manecas Costa.

Máis información en:
Web de Aló Irmao
Myspace Aló Irmao
Flickr Aló Irmao