O sábado 19 Pontevedra acolleu a sétima edición do espectáculo de Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía. Saldouse de novo con éxito: pola calidade da proposta musical, o cheo nas butacas do Pazo da Cultura e a sintonía entre público e artistas. Houbo momentos para aplaudir, emocionarse, corear e incluso bailar.
Tito Paris, Raquel Tavares, Fred Martins e Uxía fixeron soar en Pontevedra os ecos da lusofonía, nunha velada na que se cruzaron en interpretacións a dúo, trío e incluso cos catro cantantes no escenario. O concerto púidose seguir en directo desde todo o Estado coa retransmisión en directo de José Miguel López a través de Radio 3. Co precedente da edición brasileira de setembro deste ano, e coa mirada posta xa no 2010, Cantos na Maré volveu amosar que é o gran referente da música e a cultura lusófonas no mundo.
Foto: Émerson Díaz
Máis información: www.cantosnamare.org

