
Fuxan os Ventos actua hoxe mércores 15 de decembro ás 20.30h no teatro do Centro Cultural Caixanova de Vigo. O grupo presentao seu espectáculo Terra de Soños, no que conta coa participación de Uxía, Xavier Díaz, Guadi Galego, Nova Galega de Danza, Rodrigo Romaní, Miguel Lustres, Sabela Rodríguez e Pepe Ferreirós. Fuxan os Ventos foi escollido para protagonizar o Concerto de Nadal da Universidade de Vigo, que organiza cada ano a Vicerreitoría de Extensión Cultural.
