
Este xoves en Pontevedra preséntase a nova edición de Cantos na Maré, a cita na que a música, a lingua e a cultura galegas se conectan co mundo lusófono. O festival celebra o sábado 19 no Pazo da Cultura a súa sétima edición, e desta volta mestura as voces novas de Raquel Tavares (Portugal) e Fred Martins (Brasil) cos talentos consolidados de Tito Paris (Cabo Verde) e Uxía (Galiza).
Na presentación Uxía, Fred Martins e Lola Dopico, concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, contarannos máis cousas desta nova edición, a primeira tras o desembarco en setembro de Cantos na Maré en Brasil. Tamén o xoves se poñen á venda as entradas na web de Caixanova.
Máis información en cantosnamare.org.
