Monthly Archives: Xaneiro 2010

Marc Parrot revisa a Serrat, Llach, Raimon… 0

Marc Parrot é un artista con moitas caras que leva 17 anos enriba do escenario. Fíxose famoso polas súas versións de clásicos do pop español co nome de El Chaval de La Peca, un personaxe que abandonou hai anos para centrarse nunha carreira musical sólida, con catro discos en castelán e outros dous en catalán. [...]

Amparo Sánchez lanza o primeiro disco en solitario 0

Corazón De La Realidad
Amparo Sánchez inicia a súa carreira en solitario, e faino na fronteira entre Estados Unidos e México. Alí, en Tucson (Arizona), foi gravado o videoclip de “Corazón de la Realidad”, o primeiro single do seu disco Tucson-Habana. O single foi gravado nos estudios WaveLab de Arizona con Joey Burns, John Convertino e [...]

Sumrrá en Sons da Diversidade 0

Sumrrá celebra o seu décimo aniversario coa presentación en Sons da Diversidade do seu último disco, 4.0. O ciclo organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago aposta nesta ocasión por unha formación galega que se atopa na vangarda do jazz estatal. O sábado 23 de xaneiro ás 21 horas no Auditorio de Galicia, [...]

50 anos da Nova Cançó en Ourense e Compostela 0

En 1959 Raimón lanzaba a súa música “Al vent“. Nacía a Nova Cançó, un movemento que transcendía o seu carácter musical para converterse nunha corrente de contestación ao franquismo. Cincuenta anos despois, o Departameno de Cultura da Generalitat catalana encargoulle ao polifacético Marc Parrot que reinterprete cunha lectura moderna e actual esas letras e melodías [...]

Aló Irmao en banda deseñada 0

Aló Irmao é o proxecto musical que comparten Narf e Manecas Costa. Un encontro entre Galiza e Guiné Bissau que se está a manifestar por diversas vías: non só é a música, e tamén o audiovisual e a banda deseñada. Na web de Aló Irmao vén de aparecer a primeira páxina de viñetas dunha serie [...]

Nidi d’Arac triunfa no Actual 0

A semana pasada celebrouse en Logroño a edición 2010 do Actual. Un festival no que estivo presente a banda italiana Nidi d’Arac, que resultou unha das grandes triunfadoras da presente edición. Participaron na última xornada do festival, o mércores 6, xunto con Afroka e Cornershop.
Na súa edición dixital, El Correo Vasco describe a actuación dos [...]

Marc Ayza abre o ano na Coruña, Vigo e Lugo 0

Marc Ayza é un dos baterías con máis proxección da escena jazzística estatal. Desde hai máis dun ano é líder da súa propia banda, na que participan Roger Mas, Tom Warburton, DJ Helios e Core Rhythm. En xaneiro podemos velos en directo en tres datas: o xoves 7 no Club Filloa da Coruña (rúa do [...]