50 anos da Nova Cançó en Ourense e Compostela

novacanco

En 1959 Raimón lanzaba a súa música “Al vent“. Nacía a Nova Cançó, un movemento que transcendía o seu carácter musical para converterse nunha corrente de contestación ao franquismo. Cincuenta anos despois, o Departameno de Cultura da Generalitat catalana encargoulle ao polifacético Marc Parrot que reinterprete cunha lectura moderna e actual esas letras e melodías que figuran xa na memoria colectiva, dentro e fóra de Cataluña. Nace así o proxecto “50 anos da Nova Cançó“.

Agora poderá escoitarse ao vivo en Ourense (5 de febreiro, 22:00h, Auditorio Municipal) e Santiago de Compostela (6 de febreiro, 21:00h, Teatro Principal). Marc Parrot e a súa banda revisarán temas de Raimon, Lluís Llach, Sisa, Serrat, Maria del Mar Bonet, Pau Riba, Joan Isaac, Ovidi Montllor, etc., cunha coidada posta en escena. Esta minixira por Galiza celébranse en virtude do convenio subscrito entre o Institut Catalá de les Indùstries Culturals e a Agadic para desenvolver o programa Catalan Music on Tourconta. Conta ademais co apoio do Mercat de la Música Viva de Vic e o Festival Acústica de Figueres.

Nos vindeiros días poranse á venda as entradas: para o concerto en Ourense poden adquirirse no despacho de billetes electrónico de Caixanova, e para o de Santiago no de Caixa Galicia.