Marc Parrot revisa a Serrat, Llach, Raimon…

Marc Parrot é un artista con moitas caras que leva 17 anos enriba do escenario. Fíxose famoso polas súas versións de clásicos do pop español co nome de El Chaval de La Peca, un personaxe que abandonou hai anos para centrarse nunha carreira musical sólida, con catro discos en castelán e outros dous en catalán. Agora vén de lanzar Avions, un traballo en directo.

Parrot estará o venres 5 de febreiro ás 22 horas no Auditorio Municipal de Ourense, e o sábado 6 de febreiro ás 21 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Presentará un espectáculo único: ‘50 anos da Nova Cançó‘. Trátase dunha revisión, desde parámetros actuais dos temas máis emblemáticos daquel movemento musical que nos 60 e 70 pariu temas que uniron á súa forza musical a súa potencia como ferramentas de contestación política. Unha ocasión de volver escoitar clásicos de Lluis Llach, Maria del Mar Bonet, Serrat, Raimon, Ovidi Montllor…