A semana pasada celebrouse en Logroño a edición 2010 do Actual. Un festival no que estivo presente a banda italiana Nidi d’Arac, que resultou unha das grandes triunfadoras da presente edición. Participaron na última xornada do festival, o mércores 6, xunto con Afroka e Cornershop.
Na súa edición dixital, El Correo Vasco describe a actuación dos italianos como “un show excitante, unindo coa maior naturalidade cousas tan distantes como o folk italiano, o techno e o rock progresivo”. No xornal La Rioja, destacan que “Nidi d’Arac consegue coa súa música e o seu baile realizar un ritual do que eles chamaron «tarantismo»: unha danza purificadora, unha especie de exorcismo para espantar os vellos espíritos”.

