Sumrrá en Sons da Diversidade

sumrra

Sumrrá celebra o seu décimo aniversario coa presentación en Sons da Diversidade do seu último disco, 4.0. O ciclo organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Santiago aposta nesta ocasión por unha formación galega que se atopa na vangarda do jazz estatal. O sábado 23 de xaneiro ás 21 horas no Auditorio de Galicia, o trío formado por Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo), Manuel Gutiérrez (piano) e LAR Legido (batería) volverá dar outra mostra da súa música, que bebe do jazz europeo e vangardista e toma elementos doutros xéneros como o pop, o rock ou o folk, para poñelos ao servizo da improvisación e do xogo.