Monthly Archives: Febreiro 2010

Peret, Premio da Música a Toda unha Vida 0

A xunta directiva da Academia de las Artes y las Ciencias de la Música decidiu, por unanimidade, conceder a Pere Pubill Calaf, Peret, o Premio a Toda Unha Vida da XIV edición dos Premios da Música, que se celebrará o 4 de marzo no Teatro Häagen Dasz Calderón de Madrid.
Peret regresou nos 90 e ata [...]

Daara J Family anuncia novo disco 0

Daara J Family ven de anunciar que sacará novo disco en 2010. Despois do éxito de Boomerang, os rapeiros máis coñecidos do Senegal publicarán School of Life o 26 de abril, aínda que xa nos avanzan o clip do primeiro single, “Tomorrow”:

Máis información, no seu myspace

Marc Parrot en RNE 0

Marc Parrot falou hoxe en RNE do espectáculo que presentará esta noite ás 22 horas no Auditorio Municipal de Ourense e mañá, sábado 6 de febreiro, ás 21 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Un espectáculo único, ‘50 anos da Nova Cançó‘, no que revisa desde parámetros actuais os temas máis emblemáticos daquel [...]

A nova cancó vista por Marc Parrot 0

“Siset, que no veus l’estaca on estem tots lligats?
Si no podem desfer-nos-en mai no podrem caminar!”
(Siset, non ves a estaca na que estamos todos atados?
Se non conseguimos liberarnos dela non poderemos camiñar!).
Son versos de “L’estaca”, un tema emblemático do movemento da nova cançó, composto por Lluís Llach hai 42 anos. Marc Parrot recupérao no espectáculo [...]

Novo disco de Angélique Kidjo 0

Angélique Kidjo acaba de publicar novo disco, Oyo. Con este novo álbum, que nas súas primeiras semanas de vida xa obtivo excelentes críticas da prensa especializada, Kidjo volve ás súas raíces para interpretar a música que inspirou a súa infancia: Aretha Franklin, Curtis Mayfield, Otis Redding, James Brown e Makeba, ademais das cancións de Benin [...]