Marc Parrot falou hoxe en RNE do espectáculo que presentará esta noite ás 22 horas no Auditorio Municipal de Ourense e mañá, sábado 6 de febreiro, ás 21 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Un espectáculo único, ‘50 anos da Nova Cançó‘, no que revisa desde parámetros actuais os temas máis emblemáticos daquel movemento musical que nos 60 e 70 pariu temas que uniron á súa forza musical a súa potencia como ferramentas de contestación política. Unha ocasión de volver escoitar clásicos de Lluis Llach, Maria del Mar Bonet, Serrat, Raimon, Ovidi Montllor…
