Este
ano, non podemos menos que agardar que a cultura e nomeadamente a música
teña o efecto dun sopro de aire fresco que alonxe dunha vez por todas
as traxedias das nosas costas; desexamos que este novo ano sexa o primeiro
dunha nova era na que unha NORDESÍA de ilusión e de unidade renove
os desastrosos efectos dunha traxedia que se extende dende o mar ó interior
enchendo de indignación e dor cada recuncho das nosas almas.
Dende
NORDESÍA estamos a traballar en proxectos que revirtan nun beneficio
colectivo, xa que como empresa galega que representa artistas e creadores
galegos, conquerimos estar presentes nos escenarios de máis de vinte
países de Europa e America acadando éxitos, premios e un sen fin de
loubanzas que serviron e serven para que a nosa música e a nosa terra
ocupen o xusto lugar que lles corresponde no escenario internacional;
durante este mesmo período demos a coñecer entre o público galego artistas
chegados de todos os recunchos do mundo, artistas que sempre levaron
desta terra unha fonda impresión e gratitude e que hoxe comparten con
nós a dor da catástrofe.
As
nosas novas propostas son o froito do traballo feito ó longo deste ano,
un traballo que, dende a investigación o estudio e a presencia nos máis
importantes foros internacionais, que nos permite ofrecervos unha proposta
global na que se inclúen artistas novos de gran interés con nomes clásicos
do panorama internacional conformando un caleidoscopio de xéneros e
tendencias, arumes e sabores e que nos amosan e achegan ó mundo dende
a diversidade como o máis valioso tesouro sobre o que gravita a humanidade.
Desexamos
pois, que a música que aquí vos ofertamos sexa unha canle para atopar
o tan desexado entendimento entre xentes, pobos e culturas. Dende este
mail, podedes acceder ás páxinas webs dos diferentes artistas que vos
presentamos con tan só facer un doble click enriba do lugar indicado,
así teredes a oportunidade de ver, oir e coñecer algo máis destes artistas
nunha apaixonante viaxe para a que non fai falla reservar asento.