Aló Irmao

Aló Irmao, foto de Xavier Belho

“De vez en cando, a música pop ten unha revelación.” Guitarras que conxenian ben. Camilo Franco, La Voz de Galicia

Aló Irmao é o encontro creativo de dous artistas de traxectorias ben distintas que se atoparon nun camerino e sintiron un magnetismo musical inmediato. “Un día temos que facer unha canción”, prometéronse. Daquel primeiro encontro xurdiu un repertorio completo composto a catro mans, a medio camiño entre Compostela e Lisboa. Aló Irmao gravouse en directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela os días 16 e 17 de xuño de 2009 coa participación do percusionista mozambicano Celso Mahuie. É unha proposta sinxela, baseada nas guitarras, nas palabras e en facer encaixar todas as pezas. “Queremos”, aseguran Narf e Manecas, “que o público veña con nós mentres dure o concerto a ese lugar no que non hai preocupación, no que só hai felicidade”.

Máis información en:
Web
Myspace
Flickr