Dub Incorporation*

Dub Incorportation

A historia de Dub Incorporation comeza como tantas outras, cun grupo de amigos que se xuntan, neste caso en Saint-Étienne en 1997, para facer música a ritmo de reggae. Desde entón descargan sets enérxicos de ragga, dancehall, ska e hip hop, con trazos de raï e rock, cos que arremeten contra os políticos corruptos, os conflitos de Irak e Oriente Medio e a nova colonización en África. Cos seus dous primeiros álbums, Diversité e Dans le Décor, traspasan as fronteiras francesas. A experiencia, os encontros e as horas na estrada lévanos a descubrir novas sensibilidades que reúnen nun novo disco: Afrikya.

Máis información en:
Web de Dub Incorporation
MySpace Dub Incorporation