Hocus Pocus*

Hocus Pocus

Este grupo de Nantes supón un sopro de aire fresco no panorama actual do hip hop. Formado por cinco membros, que inclúen o talentoso Mc e Dj 20Syl, a súa música está feita con instrumentos reais: baixo, batería, frauta, saxo, trompeta… A miúdo comparada con The Roots e influída polo traballo de produtores como Jay Dee e Pete Rock, é unha banda instrumental de hip hop, que consegue mesturar os seus elementos habituais (scrachtes, samples, beat loops, rap…) con jazz, soul e funk. 73 Touches e Place 54 (disco de ouro) son os seus dous primeiro discos, que chegan despois do mini-álbum Acoustic Hip Hop Quintet-3.

Máis información en:
MySpace Hocus Pocus