Katembe Project nace coa idea de difundir o ‘kuduro’, un estilo musical orixinario de Angola, que xa está batendo forte en medio mundo. É o resultado entre o choque da música tradicional (semba, kizomba) e a música electrónica (house, techno). O nome non é en absoluto arbitrario e fai referencia á maneira de bailar esta música, co cu erguido cara atrás, facendo unha serie de movementos espasmódicos, como un break dancer eufórico, que pode desembocar en escenas de ‘perreo’ de alta voltaxe. Unha experiencia festiva que se presenta en directo con dj’s, mc’s e bailaríns angolanos.
Máis información en:
MySpace Katembe Project

