Le Peuple de l’Herbe*

Le Peuple D'herbe

Grupo francés de música electrónica creado en 1997 por DJ Pee e DJ Stani, aos que se uniron axiña o batería Psychostick e o trompetista N’Zeng. Despois de gravar dous temas para a banda sonora do controvertido filme Baise-Moi e de publicar o seu primeiro álbum Triple Zero baten forte nos escenarios europeos. O seu segundo disco, Ph Test Two, está marcado pola irrupción do rapeiro inglés JC001 e a súa mestría no beatboxing. Cube concentra axitación urbana, música para unha nova era. No último, Radio Blood Money, Dj Stani é substituído por Spagg. Aquí a ciencia ficción e a realidade política inquietante lideran as doce pistas. A alquimia resultante é unha mestura de xéneros, xogos de sampling, neo hip hop, instrumentacións feroces… que fan case imposible unha definición precisa da banda.

Máis información en:
Web oficial de Le Peuple de l’Herbe