Cun pé na samba e outro no soul, Marcio Local é a combinación perfecta das dúas grandes tradicións da música brasileira. Local mestura a forte percusión afrobrasileña da samba coa raíz afroamericana do soul e obtén un ritmo novo que celebra os placeres do día a día e o poder redentor dunha boa melodía. A súa música ofrece, nas súas propias palabras, unha aleación de “Jorge Benjor, Seu Jorge, Banda Black Rio e Wilson Simonal, pero modelo século XXI, 4×4 e turbo.”
“O carismático Mr. Local vaise converter na voz máis importante da música brasileira, coa súa visión funky do samba e da música dance Afro-Brasileira”, di o Wall Street Journal

