Roy Paci & Aretuska

Roy Paci

O siciliano Roy Paci toca a trompeta desde que tiña 10 anos. O seu nome está vencellado a dous dos proxectos máis importantes da música italiana dos últimos anos: Mau Mau, a formación máis quente do frío norte transalpino, e Banda Ionica, unha orquestra que revisou o repertorio popular e relixioso do sur do país. Despois de volver ao jazz, de xirar con Manu Chao e de participar en mil e unha aventuras, Paci decidiu centrarse nun só proxecto, Aretuska, unha numerosa banda que se prepara para voltar no 2010 con novo disco, despois de ter lanzado o cd/dvd Bestiario Siciliano, unha compilación dos maiores éxitos con temas inéditos.

Máis información en:
Web de Aretuska
MySpace Roy Paci & Aretuska