Rupa & the April Fishes*

rupa-the-april-fishes_ficha

Desde San Francisco, Rupa & The April Fishes desafían calquera categorización coas súas múltiples influencias: chanson francesa, tango arxentino, swing xitano, folk estadounidense, cumbias colombianas e mesmo ragas indias. As potentes actuacións destes axitadores musicais cultivaron para eles unha gran lexión de seguidores. Agora regresan co seu último disco, Este Mundo, no que ofrecen unha reflexión perversa, humorística e inquietante sobre a vida, o amor, a arte, a morte e as divisións artificiais que nos manteñen separados para crear un son definido como global agit pop.

Máis información en:
Web
Myspace