Santa Macairo Orkestar é unha orquestra etnoalternativa do oeste de Francia, composta por cinco irmáns de alma e de música: os Godillo. Este quinteto pirata navega libremente na busca do seu propio folclore, revisando as culturas musicais do leste de Europa cunha enerxía e unha sensibilidade fóra do común. Alterna fanfarria, raíces ska, a velocidade dos Balcáns, ruído punk, rock e blues de Nueva Orleans impregnados de universalidade, humanismo e espiritualidade. O seu último disco titúlase Paparazaï.
Máis información en:
Web de Santa Macairo Orkestar

