Shibusa Shirazu Orchestra*

shibusa_ficha

Músicos, bailaríns, cantantes e actores compoñen esta insólita formación xaponesa. A ritmo de jazz, música xaponesa, rock, ska, sons latinos e balcánicos, ofrecen un espectáculo sorprendente que envolve aos sentidos. Con máis de 20 anos de traxectoria, a Shibusa Shirazu Orchestra naceu da man do baixista Daisuke Fuwa, que reuniu nun proxecto único aos músicos máis salientables da escena xaponesa daquel momento. Agora, consagrados en Xapón e con Europa aos seus pés, regresan cunha xira na que demostrarán todo o que saben facer no escenario. Amosarán as súas dotes cinematográficas, teatrais e sobre todo musicais cun repertorio ecléctico cheo de creatividade e entusiasmo.

Máis información en:
Web
Myspace