
Hai nove anos que naceu en Mali o grupo de rap Smod, liderado por Samou Bagayoko, fillo de Amadou & Mariam. Hoxe completan a formación Ousco e Donsky. En 2002 sae o seu primeiro disco Dunia Kuntala, co que acadan un grande éxito local, con presenza en todos os festivais. Dous anos despois editan Ta I Tola, para o que contan con artistas internacionais como Manu Chao, King Massassi e Kisto Dem. Son tamén os primeiros rapeiros de Mali que reciben un disco de ouro pola súa canción “Politic Amagni” (a política non é boa). Agora están de xira por medio mundo, subindo ao escenario xunto a Manu Chao -produtor do seu próximo disco- Neneh Cherry, Oxmo Puccino…
Máis información en:
Web de Smod
MySpace Smod
