Toumast*

Toumast

A alma de Toumast (identidade) son Moussa AG Keyna e a cantante Aminatou Goumar, que contan co apoio do produtor francés Dan Levy. Xuntos crearon novos sons para o deserto do Sáhara, tratando a música touareg como unha produción contemporánea, sen perder as raíces. Atoparon un estilo moi próximo ao jazz e ao blues. A un ritmo melancólico, entre palmas, guitarras eléctricas e cantos nómades relatan as inxustizas que sufriu o seu pobo. A pesar da dor e a tristeza, hai tamén un amor ao deserto que emerxe coas melodías vibrantes, a forza curativa da música.

Máis información en:
Web de Toumast
MySpace Toumast