Voltar Voltar

Ive Mendes é unha das máis recentes incorporacións á escena musical das voces brasileiras. Ive posúe unha cálida e sensual voz coa que re-interpreta a tradición musical do Brasil dende a influencia de artistas como Sade ou Björk conferindolle á sua música unha singular mistura de espiritualidade e sensualidade.

Ive Mendes transmite dende o seu particular estilo un universo de emocións e de sensacións nas que conflúen a sexualidade e a espiritualidade dunha muller que está chamada a ser unha das grandes referentes da nova música de Brasil.

Con Robin Millar, o productor de Sade, acaba de sacar o seu primeiro disco e Lugo será o primeiro concerto que esta deslumbrante artista realiza no estado.


Ive Mendes: Voz
Christian Marsac: Guitarra (Terence Trent D'arby)
Nick Cohen: Baixo Eléctrico (Massive Attack)
Tristan Banks: Ventos (Terry Callier/Da Lata)
Bosco De Oliveira: Percusions (Sade/Terry Callier)
Neil Angilley: Teclados (Down to the Bones)