"Os
Ziganos de Rajasthán"
O
pobo cigano, atopa na India a pegada máis antiga
da súa orixe. Todas as investigacións sinalan
o estado de Rajasthan como a rexión de onde proveñen,
anque outros precisan que é un pouco máis
ó sur, xa case no estado de Gujarat e outros que
un pouco máis ó norte, xa na fronteira con
Pakistán. Algúns tamén apuntan cara
certo parentesco cos afgáns que fuxían das
invasións musulmáns.
A
similitude lingüística entre o romano e o
hindú é evidente. Pero a realidade é
que a pesar de todas estas teorías o misterio sobre
a orixe do pobo cigano continúa. A falla dalgún
ben necesario para vivir ou o simple desexo de buscar
terras máis ricas debeu empurralos a abandonar
a India.
Unha
das primeiras etapas do longo peregrinar cigano a través
do mundo, comeza catrocentos anos antes de Cristo segundo
conta a lenda e produciuse cando o rei de Persia Bahram
Gur pediu ó rei do que entón era India do
Norte que lle enviara dez mil músicos. Despois
de escoitalos, o rei quedouse tan impresionado que pediu
ós músicos que se quedaran para sempre e
regaloulles terras, gran e gando. Como os músicos
non tiñan experiencia como granxeiros gastaron
moi cedo o gran e o gando e o rei enfadado os expulsounos
das súas terras.
Pero
non todos os ciganos deixaron a India para viaxar polo
resto do mundo. No noroeste do país a lenda continúa
e dentro do contexto de tolerancia que se respira na India,
os ciganos seguen reuníndose en clans familiares
onde cada un desenrola a súa función particular,
ben sexa artística ou ritual e perfectamente distinguible
polas cores, tatuaxes e abelorios. En caravanas de carros
tirados por bois atravesan o deserto do Thar e instálanse
en tendas preto das cidades para poder realizar as súas
diferentes actividades, sexan mendigos, poetas, cantores,
xoglares ou místicos.
Na
música, os Ciganos de Rajasthan, acompañan
durante as festas dos pobos, os diferentes acontecementos
que se producen, os casamentos, os nacementos.
O
lirismo poético e o ritmo da declamación
caracterizan a súa esencia vocal. Froito dunha
antiga tradición oral, as cancións de Rajasthan
son coma a súa propia vida, destacando a preparación
da tribo para a súa marcha. O eco dos seus sons
impoñéndose no silencio do deserto, roto
polo carreto dos búfalos que tiran dos carromatos
e polo vento que borra as pisadas na area.
Cada
danza é sagrada e realízase por algún
acontecemento especial ou referido ás divindades.
O seu espectáculo é un rico musical que
combina a cultura árabe, hindú e cigana
onde os músicos poñen ritmo a unha feira
que inclúe danza, números de circo, malabares
con lume, teatro simbólico.