Voltar Voltar

Estes extraordinarios viaxeiros musicais do tempo, veñen da época dos anos 40 e principio dos 50, o seu estilo reflexa un repertorio seleccionado na súa maior parte con temas das tres décadas precedentes. É a música "retro" cubana interpretada de forma tal que parece escrita onte, e onte foi 1952.

O grupo é o fillo orfo dunha grande orquestra que sucumbiu ás cambiantes modas e economías. Moitos dos seus membros, guiados polo seu director, José Bringues, decidiron manterse unidos, primeiro como cuarteto e despois como quinteto. A pouco corrente integración da banda -saxofón, guitarra, bongoes, percusión menor- foi un accidente fortuíto.

O feito de levar máis dunha década tocando xuntos creou unha perfección, unha atmosfera harmónica, unha interacción case telepática no grupo, onde as improvisacións mestúranse de tal xeito que parecen ensaiadas unhas decenas de veces. "No escenario, somos máis que irmáns", din. "Somos un organismo. Nunca nos dividiremos". Ofertas lucrativas a algúns dos integrantes -suficientemente tentadoras se te pasaches a maior parte da última década interpretando cancións polos centavos dos turistas- foron rexeitadas sen dubidalo. Los Fakires, tocan como grupo, ou non tocan.

A identidade do quinteto débelle algo a Santa Clara, un pobo con estilo e o suficientemente afastado de La Habana como para manter a súa propia cultura. A grande revolucionaria importancia de Santa Clara, onde as tropas do Che Guevara derrotaron ás forzas de Batista obrigándolle a fuxir de Cuba cheo de pánico e onde os restos do Che foron sepultados, infloulles de orgullo, auto-confianza e liberdades ata o máis pobre dos seus habitantes.

¿A identidade musical do grupo?. Dous elementos abarcan fundamentalmente as primeiras impresións: a suave, rica e aterraplenada sonoridade do venerable saxofón de José Bringues e a sonera voz como de "ron e tabaco" de Cascarita, o seu cantante principal.


Martín Chavez (Cascarita) - 1930
Un pequeno e enérxico cantante que ademais toca o guiro, cunha pel tan sucada como o coiro antigo e unha picara personalidade, que o fai rir e correar polo escenario coma un adolescente.

José Bringues - 1929
Líder e fundador do quinteto, músico fai 54 anos, é un dos saxofonistas máis completos da súa xeración.

José Remiè - 1937
De cabelos e bigotes prateados, quedo e digno virtuoso da guitarra.

Gilberto Abreu - 1950
É o neno de Los Fakires, uniuse no ano 1981. É un talentoso bongosero e ó mesmo tempo un excelente trompetista.

Rafael Valdès - 1929
Naceu en Santa Clara en 1929 e traballa coma músico dende 1954, é as maracas e segunda voz do grupo, o seu ton relaxado, cálido e meloso contrasta co son ronco y extravertido de Cascarita.