|
Berrogüetto
chega a Lugo para traernos os sons e as melodías
do seu último traballo discográfico HEPTA,
traballo que non puidera ser presentado nesta cidade na
sua xira de 2002. Un traballo que unha vez mais obtivo o
recoñecemento internacional da crítica e do
público. HEPTA estivo nominado ós premios
Grammy 2002 como mellor disco folk; tamén foi seleccionado
pola Asociación da Crítica Alemana para competir
polo galardón de Mellor Disco Europeo de Música
Folk.
|
"Hai
certas casualidades que poden chegar a producir cambios
máis ou menos importantes na vida cotiá
dunha persoa, dun colectivo oou mesmo da humanidade.
A obra de Georges Rousse foi para min un descubrimento
de vital importancia, cando por casualidade puiden
contemplar a exposición retrospectiva amosada
a finais do pasado ano no CGAC (Centro Galego de Arte
Comtemporáneo). Mergulleime e fun esfiañando
todo o proceso ata chegar a comprender que se trataba
dunha transformación artística do espacio
existente plasmado nunha fotografía. O artista
xoga co espacio e o espectador xoga a descubrir cómo
o fixo...unha interacción perfecta.
Como músico da banda galega Berrogüetto,
non puiden evitar unha análise: afondando no
sistema de traballo que empregamos para a elaboración
da nosa música decateime de que existe un paralelismo
sorprendente respecto do traballo de Georges. O noso
xogo consiste na recuperación de melodías
ou coplas tradicionais condenadas á desaparición,
o material empregado por Georges son arquitecturas
condenadas á demolición, Georges introduce
novas arquitecturas dentro de outras xa existentes,
as nosas composicións conservan unha estructura
ou esencia tradicional. O seguinte paso é o
arranxo ou intervención contemporánea
destas melodías que finalmente serán
gravadas nun soporte discográfico ou reproducidas
nun escenario. A intervención do espacio e
a fotografía final de Georges sería
o equivalente dos nosos arranxos e do soporte discográfico
ou o directo. Como por casualidade, podería
pensar que todo isto apuntaba a unha posible relación
Georges Rousse-Berrogüetto...........sete cores,
unha por cada un de nós, cubrían as
nosas facianas,a súa intervención se
prolongou ata completar un total de sete días,
o día sete do mes sete ás sete da tarde
fixemos a presentación baixo o nome xenérico
de HEPTA que se cadra, non sei, foi unha casualidade
máis."
Quim
Farinha. Berrogüetto.
|
Santiago
Cribeiro:
Acordeón, teclados.Guillermo
Fernández: Guitarra acústica. Quico
Comesaña: Bouzouki, arpa céltica.
Quim Farinha: Violín.
Isaac Palacín:
Batería, percusións. Anxo
Pintos: Gaitas, Zanfona, saxo soprano, frautas
de pico, piano e violín. Guadi
Galego: Voz, gaitas, flauta de bisel e percusions.
|