Katia
Guerreiro naceu en África do Sul fai 27 anos. Con
11 meses foi vivir ás Illas Açores, onde
viviu ata os 18 anos. En 1994 ingresou na Faculdade de
Mediciña da Universidade Nova de Lisboa, tendo
concluído no ano 2000 a licenciatura. Actualmente
exerce no Hospital de Évora. Foi precisamente nas
Illas Açores que onde se introduciu no mundo da
música e comenza a cantar e a tocar viola da terra
no Rancho Folclórico de Santa Cecília. En
Lisboa entra como vocalista dos "Charruas" e
durante os anos de estudios forma parte da Tuna Médica
de Lisboa.
O
seu encontro co fado surdiu por casualidade, unha noite
estaba nunha casa de fados e foi convidada a cantar. Katia
cantou de tal forma que impresionou a xente que alí
estaba e ós músicos que a acompañaban.
Comenzaba deste modo unha nova fase da súa vida.
Sen deixar a carreira de mediciña, aventurouse
nos meandros do fado e foron os ensaios, os concertos,
os programas de televisión, o preparar do seu primeiro
CD "Fado Maior", editado pola Ocarina en Juño
de 2001. Este traballo foi moi ben recibido pola crítica
e polo público, sendo nomeado para o prémio
José Afonso de 2002- outorgado anualmente pola
Cámara Municipal da Amadora. En Setembro de 2002
"Fado Maior" foi distinguido pola AFP co galardón
de DISCO DE PRATA.
"Fado
Maior" foi editado en Coreia e no Japón e
tivo edición mundial en Novembro de 2002 através
da Editora francesa L'Empreinte Digitale. Está
en preparación o novo disco a sair no decurso de
2003.
Katia Guerreiro possue unha das mais belas vozes da actualidade
aliada a unha grande capacidade vocal e ao domínio
excelente da técnica de cantar o fado. E Katia
canta o fado con autenticidade e paixón! Tal feito
valeulle xá convites para concertos en Francia,
Marrocos, Itália, Bélxica. En Marzo de 2003
actuou en Marsella, na Strictly Mundial, para un público
case que exclusivamente constituído por promotores
e organizadores de festivais e programadores de salas.
O éxito foi enorme e os convites para concertos
non se fixeron esperar. Para 2003 están xá
axendados concertos en Francia, destacando duas actuacións
no prestixioso Théatre de la Ville, España,
Coreia, Japón, Nova Caledónia, Noruega,
USA, Áustria, Suíza, Itália, entre
outros.
No
escenario, Katia Guerreiro pecha os ollos átimidez,
canta o fado e encanta a quen a escoita.
Paulo Valentim - guitarra
portuguesa.
João Mário Veiga - viola de fado.
Rodrigo Serrão - contrabaixo.