"o
fin do mundo é o lugar ideal para tocar a nosa
música"
Situado
ao este de Rumanía e a un paso da república
autónoma de Moldavia, o pobo Zece Prajani, que
significa "as dez parcelas" está ao final
dun camiño imposible ao pe das montañas.
Pola noite, cando o vento calma, o eco transporta os sons
da música que interpretan as fanfarrias. Ahí
é donde viven os músicos desta orquesta
de metais chamada Fanfare Çiocarlia.
A orixe das orquestas de metais xitanas remóntan-se
ás fanfarrias militares turcas que apareceron ao
principio do século XIX.
Dende entón a música transmíte-se
de xeneración en xeneración sin interrupción
ningunha. Todos os fins de semán os músicos
saen de casa cos seus instrumentos e acompañan
bodas e outras ceremonias.
E como pensan que a música non debe parar-se na
tradición deíxan-se inspirar por melodías
máis contemporáneas do cine hindú
ou americano adaptándoo ao seu estilo incomparable.