Viernes, 24 de Octubre de 2003
 Edición actual
 Hemeroteca
 SECCIONES
 Titulares
 A Fondo
 Portada
 Galicia
 España
 Internacional
 Sociedad
 Cultura y TV
 Deportes
 Economía
 Marítima
 Opinión
 Última
 Portada PDF
SANTIAGO
:: Carlos Blanco revoluciona o Outono de Teatro coa estrea de «Dillei» en Carballo
A lista de espera para asistir á función desta noite segue aumentando
A música xoga un papel fundamental na producción de Nordesía
 
 
Moita xente quedará esta noite ás portas do Pazo da Cultura de Carballo. Desde fai unha semana non hai entradas para Dillei , a última aposta de Carlos Blanco, un dos actores máis queridos polo público local, e a lista de espera segue a medrar. Nesta aventura de narración oral e revolución musical, o actor e agora tamén director ten todo o apoio, incluído o económico, de Nordesía.

A estrea oficial de Dillei na capital de Bergantiños supón «un verdadeiro empuxón ó noso Outono de Teatro», en palabras de Alberto Sueiro, presidente da asociación cultural Telón e Aparte, organizadora do festival xunto co Concello, e que onte asistiu a un nutrido acto de presentación xunto ó alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, e boa parte das persoas implicadas na montaxe, incluídos tódolos actores e músicos, que levan xa algúns días ensaiando no Pazo da Cultura.

A elección non foi casual, porque Carballo, para Carlos Blanco, é «un símbolo do que está pasando neste país, dunha transformación que se vai producindo pouco a pouco, e o espectáculo vai un pouco por aí». O comezo xa vai ser sorprendente. «O primeiro espectador xa chegará tarde, pero iso é inevitable», advertiu o actor, de xeito que incluso o máis madrugador se vai perder parte do texto de Antón Reixa co que se abre a función. A música tradicional, os temas de actualidade e unha recreación futurista na que aparecen o Prestige «moi levemente» e a muller nun primeiro plano centran as tres narracións do espectáculo, no que participan con música en directo Ecléctica Ensemble e Dj Keison, e que tamén se apoia nunha serie de imaxes expresamente elaboradas por Sr Pause. Dillei é teatro comercial e moderno, «intentando conectar cun público xove que se cadra vira un pouco as costas ó teatro», e concebido tanto para interior como para exterior. O punto de partida non podía ser mellor, «e se algo falla, a culpa é toda miña», di, como seu humor habitual, Carlos Blanco.

(la voz | carballo)
 
 

EDICIONES
A Coruña
A Mariña
Arousa
Barbanza
Carballo
Deza-Tabeirós
Ferrol
Lemos
Lugo
Ourense
Pontevedra
Santiago
Vigo
Madrid
 

Volver a la Hemeroteca |::| lavozdegalicia.es
 
© Copyright LA VOZ DE GALICIA, S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)
 
 
RM de La Coruña: tomo2413, folio84, hojaC-12502 CIF: B-15.482.177