 |
| Edición actual |
| Hemeroteca |
| SECCIONES |
| Titulares |
| A Fondo |
| Portada |
| Galicia |
| España |
| Internacional |
| Sociedad |
| Cultura y TV |
| Deportes |
| Economía |
| Marítima |
| Opinión |
| Última |
| Portada PDF |
 |
|
 |
 | |
 |
| CARBALLO |
|
 |
| :: |
«Nun país
coma éste as cousas só se poden levar con humor»
Entrevista | Carlos Blanco
|
| |
   |
| |
Carlos Blanco conta historias nas que reflicte
a súa visión do mundo que o rodea, ó que está moi atento e no que
sempre atopa inspiración. E o que ve nárrao desde un escenario con
liberdade e con humor, «que creo que é a mellor forma de expresar
as cousas». Hoxe estrea en Carballo diante dun público «que é do
melloriño, e non o digo por facerlle a pelota». Renunciou, con moito
pesar, a traballar con Amenábar para embarcarse neste novo proxecto
teatral. «Tiña que facelo». Á vista, algúns proxectos de televisión
e cine. Pero en Dillei ten moito que contar. «É o
que sei facer», di.
- Pero esta vez non está só, senón ben arroupado cos músicos
de Ecléctica Ensemble e Dj Keison. Toda unha experiencia, imaxino.
-Con eles traballo moi ben. Entendémonos, temos unha certa linguaxe
común, e como me gusta moito o que fan disfrutei moito vendo cómo
eles creaban, porque a música foi creada. Traballar cun dj, cunha
base rítmica fixa, obrígache a adaptarte a el, a adaptarte ó seu
ritmo. Así que a xente que veña ó espectáculo vai escoitar pezas
que coñece, outras que non, pero incluso as que coñece vanlle soar
como se fosen novas, e por aí creo que está un pouco o mérito do
asunto.
- O outro pilar do espectáculo é a narración oral, ese xénero
tan antigo que ultimamente pareza que acabe de inventarse debido
ó éxito dalgúns programas de televisión, sobre todo. -Se
O Xestal levantara a cabeza, ou Gila... os mestres da narración.
O que pasa é que o audiovisual ten moita forza, e a palabra se cadra
deixa paso a isto, pero eu creo que todo o mundo quere que lle conten
historias e que lle conten historias con bo humor. E por iso funciona
isto.
- Menciona a Carlos O Xestal, que dez anos despois do seu
pasamento é un personaxe case esquecido. -Pero que se recuperará,
porque o home que fixo rir a toda unha xeración, que tivo unha vida
complexa, que sufriu a represión sexual, que non puido vivir a súa
vida en liberdade, probablemente, que foi acusado inxustamente...
nesta época tería outra repercusión, aínda que na súa tivo moita.
Pero, ó final, ¿el que facía? O mesmo que facemos nós: reflectir
a realidade, só que a súa realidade era outra. Nós reflectimos ésta,
pero facemos o mesmo. Eu creo que Carlos é unha figura claramente
a reivindicar, porque fixo rir con moita intelixencia a toda unha
xeración. Por min non será. Eu é raro que non faga unha referencia,
porque era un mestre, non o único, pero era un mestre. Supoño que
é lei de vida que pase ó esquecemento, pero espero que o Concello
de Carballo nese sentido tarde ou cedo lle adique non sei se o auditorio
ou algo que lembrase a súa actividade. Creo que é xusto e confío
en que suceda.
- ¿Temos sentido do humor, en xeral? -Si, si. Ti vai
a un bar e escoita as conversas que hai. Eu creo que somos un pobo
cun sentido do humor ás veces moi peculiar, ás veces moi sutil,
pero si. É o que nos salva, porque un país que viu cómo se foron
e seguen marchando a xente máis nova, cómo foi cercenada unha xeración
de artistas no 36, cómo a fame levou a milleiros de persoas a emigrar...
nun país coma éste só con humor se poden levar esas cousas.
Cristina Abelleira (carballo)
|
| |
   |
|
 |
| EDICIONES |
A Coruña |
A Mariña |
Arousa |
Barbanza |
Carballo |
Deza-Tabeirós |
Ferrol |
Lemos |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Santiago |
Vigo |
Madrid |
|
 |
 |
 | |