 |
| Edición actual |
| Hemeroteca |
| SECCIONES |
| Titulares |
| A Fondo |
| Portada |
| Galicia |
| España |
| Internacional |
| Sociedad |
| Cultura y TV |
| Deportes |
| Economía |
| Marítima |
| Opinión |
| Última |
| Portada PDF |
 |
|
 |
 | |
 |
| CARBALLO |
|
 |
| :: |
Carlos
Blanco cruza a taberna coa discoteca para facer un musical
enxebre «Dillei» versiona as
cantigas populares con aires novos e as utiliza como argumento
humorístico O grupo Ecléctica acompaña
ó actor nesta nova montaxe |
| |
   |
| |
O que lle gusta a Carlos Blanco é provocar. Provocar
miudiño, miudiño, darlle que falar á xente, e por eso rebusca nas
costas das cantigas o mesmo que rebusca nas costas da realidade:
eses paradoxos dos que ou te ríes ou te cabreas. Mellor rir.
O novo espectáculo de Carlos
Blanco, Dillei , é un cruce entre a taberna e a
discoteca, entre o lacón con grelos e o bakalao.
O humorista
recuperou para esta nova producción algunha das súas contadas e
meteunas nun espacio novo, puxo ritmo de agora ó humor de sempre
porque os ritmos cambian (máis ou menos) pero o humor é case sempre
o mesmo, afortunadamente.
Dúas partes e un pequeno entreacto
protagonizaron a estrea de Carlos Blanco e máis Ecléctica en
Carballo. A primeira para marcarse as contracantigas é dicir,
cantigas das de sempre, das da tralla nocturna pasadas polo
impensable filtro da semiótica. Mentres o actor tenta explicarse que
din uns rumorosos nunha lancha de Marín cunha proa de carballo, o
grupo vai reinterpretando as cancións de toda a vida e aí están,
como de sempre, como de agora. As novas versións musicais de ver
Cangas e ver Vigo, ou de ter amores en Rianxo e en Vilagarcía, son
para ter en conta porque soan como sempre pero soan
diferentes.
No entreacto, que mudará en cada función, Carlos
Blanco preferiu tornar melancólico a ácido, e volveu sobre o que os
espectadores máis coñecen del nos últimos tempos: esa forma de
contar directa, sen demasiados adubíos e sen ruído.
A parte
final volve a ser outra mestura de xéneros: os Catro
fantásticos con Apocalypse now por esaxerar
algo. Heroínas do porvir con superpoderes máis líricos que
fantásticos, dispostas a rachar con algunhas inercias do presente
convintemente proxectadas ó futuro.
Hai humor nesta segunda
parte, pero máis negro, está máis de fondo, mesturado con esa
aventura que ten algo de fantástica e algo de épica e algo de
realidade.
Camilo Franco (carballo) |
| |
   |
|
 |
| EDICIONES |
A Coruña |
A Mariña |
Arousa |
Barbanza |
Carballo |
Deza-Tabeirós |
Ferrol |
Lemos |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Santiago |
Vigo |
Madrid |
|
 |
 |
 | |