dinos un tema | onte | arquivos
 
Usa a Nova
Imprimir
Enviar
Ligazóns
Web de Nordesía
Web do Strictly Mundial
Web do Womex
Web do Mercat da música Viva
Web do Foro Europeo de Festivais de Música (EFWMF)
A tripulación dos corsarios multimedia
Son diversión, festa arte, baile... pero todo desde a base do teatro e da música cun pretendido aire estético. Nordesía é unha productora cultural que leva oito anos traballando a prol da cultura do país. Pero a súa, é unha singradura en dúas direccións: por unha banda, participando en eventos internacionais nos que aproveitan para negociar a repercusión de artistas galegos polo mundo e, pola outra, promovendo desde Compostela e para Galicia espectáculos que dean conta da riqueza cultural galega.
7 de novembro de 2003
Santiago. Redacción

En 1995 nacía en Compostela unha empresa singular. Unha iniciativa que tiña como punto de partida sumar todos os activos culturais que contribuísen a converter a cidade do apóstolo nunha verdadeira capital cultural. O seu era un obxectivo “xerminal” bebendo nos postulados, nos manifestos creativos e ideolóxicos das efectivas propostas vangardistas de principio de século. E baixo este paraugas concentráronse artistas, músicos e profesionais de diferentes disciplinas que tivesen como idea central organizar actos culturais. É por iso que Nordesía se define como unha productora.

Da súa man saíron os Ciclos Musicais para a Universidade de Santiago de Compostela, algunha edición do ciclo “As novas músicas” para Caixa Galicia, tres anos do festival de Ortigueira... oitos anos de camiño que serviron para que pouco a pouco se foran sentando os alicerces dunha singradura cultural en dúas direccións.

Cara o oeste: camiño de Finisterre
A día de hoxe Nordesía realiza unhas seiscentas intervencións artísticas diversificados en varios campos: música, teatro e produccións, en sentido máis amplo. O seu último espectáculo “Dillei” protagonizado por Carlos Blanco é unha síntese de toda a súa traxectoria. E é así porque amalgama moitas das súas características definitorias. Primeiro, porque conta con profesionais de recoñecido prestixio, neste caso Carlos Blanco; e porque está acompañado de persoas enmarcados dentro das músicas étnicas, celtas e novas músicas (aquí os pandereteiros de Ecléctica); en segundo lugar porque o musical pasa a ser o xénero empregado (o outro piar de Nordesía ademais da música é o teatro); en terceiro lugar porque Nordesía quixo sempre dar a coñecer o capital cultural da nosa comunidade e con “Dillei” pretende unha reflexión sobre a Galicia actual; e en cuarto lugar, porque pretende prestarlle atención ás últimas tecnoloxías e ás innovacións no sector, para que contribúan ao seu interese de ofrecer espectáculo. Con “Dillei” ofreceron unha posta en escena moderna, novidosa e potente en canto a medios ao ofrecer un espacio audiovisual con robótica, unha gran pantalla de 9X7 metros e dos laterais, que forman unha especie de cubo onde se proxectan fondos e imaxes.

Pero “Dillei” ademais de resumir a esencia de Nordesía, pretende iniciar unha nova vía: a da producción de musicais que pode abrir novas vías inexploradas dentro do horizonte cultural galego, tanto a nivel de xéneros como a nivel de público.

Cara o leste: o camiño do mundo
"Dillei" é un espectáculo pensado para representar dentro dun teatro, pero están pensando en facer unha versión para exterior. E xa non só para espacios abertos e libres, senón tamén para fóra de Galicia. Un dobre hándicap porque conta coa complexidade de poñer en diálogo linguaxes aparentemente completamente diferentes: música, dj’s.....

E proxectar a cultura galega no exterior é un dos cometidos principais de Nordesía, onde ten participado en numerosas intervencións de carácter cultural que se interesa polo coñecemento, tratamento e comercialización das músicas procedentes de contextos culturais diversos. Por iso Nordesía é unha asidua a feiras como no “Mercat da música Viva” de Vic (Cataluña), o Womex (A exposición mundial de música, no que ten participado desde 1996 en Marsella ata a edición do 2002 en Essen na Alemaña) ou no Strictly Mundial, convencións imprescindibles do mundo da música onde aproveitaron para expoñer e tentar negociar a repercusión de artistas galegos polo mundo.

Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Soportais
LG3 - Literatura
RCG - Audio
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Lista de desexos
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: mailto:redaccion@culturagalega.org