Visite a web do noso patrocinador
Vieiros Vigo Sábado, 27 de decembro de 2003 

Vieiros Vigo
Desde o 24/02/99.

Correo de contacto



A sección onde deixares as túas opinións, comentarios ou suxestións e debater con outros internautas.



A información precisa para ter á vista: farmacias de garda, teléfonos e enderezos de interese, etc.



Consulta no directorio de Vieiros as páxinas viguesas ou que falan sobre Vigo.


'Dillei': Humor e música no teatro

Os días 29 e 30 de decembro, no Centro Cultural Caixanova, preséntase “Dillei”, un espectáculo no que conflúen narración oral, música tradicional e ritmos de dillei. Carlos Blanco actúa acompañado polos integrantes de Ecléctica Ensemble e polo dillei Nathan Carter.

A obra ten dúas partes diferenciadas: na primeira o tema é a música tradicional galega e na segunda a do futuro. As dúas partes enlázanse cun monólogo no que Carlos Blanco ironiza sobre temas de actualidade “nesta parte poido improvisar, poido facer algo distinto en cada función; do que se trata é de presentar a miña propia visión do mundo utilizando os temas da prensa diaria. En Vigo falarei sobre o Nadal”.

O título do espectáculo fai alusión a unha figura clave no seu desenvolvemento, o dillei “o predicador, o sacerdote contemporáneo”, que é o que marca o ritmo, “é un pequeno dictador que decide cando e como deben bailar os demais”.

“Dillei” estreouse en Carballo o 24 de outubro. Estes son os cualificativos de Carlos Blanco para as representacións anteriores: a estrea “enerxética”, nas Pontes “familiar, alí pasamos a reválida”, en Viveiro “fría, era o cabodano do Prestige, había manifa…”, e no Carballiño “espectacular”.

Para os que non poidan asistir ás dúas funcións de Vigo: a próxima será o catro de febreiro en Lugo, no auditorio Gustavo Freire.


Envíanos unha noticia 

Portada
 
Imprimir
 
Enviar noticia
 
Opina