|
RUPER
ORDORIKA (Oñati. 1956) era xa coñecido en diversos
círculos relacionados con actividades culturais cando
gravou o seu primeiro disco, "Hautsi da Anphora",
en 1980. Tiña colaborado en numerosos proxectos e actividades
organizativas, tanto en Vitoria, como despois na Universidade,
en Bilbao. Hai que destacar a súa participación
na creación da Banda Pott, pola importancia que logo
tería na súa laboura musical a relación
iniciada entón con escritores como: Bernardo Atxaga,
Joseba Sarrionandia, Jimu Iturralde.
"HAUTSI DA ANPHORA" (Xoxoa-Elkar
1980) publicouse tras o boom da chamada "canción
política". Eran tempos de reestructuración,
unha época baixa na música vasca. O disco recibiu
as maiores loanzas da crítica, mentres resultaba excéntrico
no contexto da canción en vasco. Con textos de Bernardo
Atxaga, este primeiro disco é da época na que
o cantante e o escritor vivían en Bilbao e é
testemuño dunha certa poética. No tocante á
elección de músicos, inicia o que sería
unha constante: xuntar músicos de procedencias diferentes.
En 1983 chegou "NI EZ NAIZ NORUEGAKO
ERREGE" (Elkar 1983) que ven a afondar no ambiente acústico-eléctrico
do disco anterior pero cunha banda máis consolidada.
Aparecen os primeiros textos do propio Ruper xunto con letras
de Atxaga, Sarrionandia e Iturralde.
Despois dunha longa estancia en Londres,
grava "BIHOTZERREAK" (Elkar 1985). Un disco que
se preocupou especialmente da forma e da interpretación.
Cancións gravadas dende un punto de vista moi musical,
na época na que o "rock radikal vasco" facía
furor.
A procura constante dunha nova dirección
musical conduce a Ruper Ordorika a un paréntese de
cinco anos sen gravar. Mentres tanto, numerosos concertos,
producción de algúns discos - despois de producir
un disco de Hertzainak, fai unha extensa xira europea como
invitado deste grupo - numerosas representacións da
obra de Bernardo Atxaga "Henry Bengoa, Inventarium"...
pero non chegará un novo disco ata "EZ DA POSIBLE"
(Gasa-Wea 1990). Esta gravación, a máis próxima
a unha sonoridade netamente rockeira, abriu a Ruper Ordorika
as portas a un público máis amplo.
Dous anos máis tarde, despois de moitos
concertos, publicou un maxi con catro cancións, "RUPER
ORDORIKA & Mugalaris" (Emak Bakia 1992). Deixou o
disco en fabricación e foise a Nova York para unha
temporada. Un viaxe productivo polo alí vivido e as
súas consecuencias musicais.
A primeira de elas consistiu en dar saída
a súa paixón de sempre pola canción tradicional
creando o trío Hiru Truku e sorprendendo a moitos afeccionados
que non o identificaban con esta liña. Publica "HIRU
TRUKU" (Nuevos Medios 1994) xunto con Bixente Martinez
e Joseba Tapia, disco que atopa un importante eco no mundo
da canción tradicional. Unha interpretación
nova de vellas cancións narrativas de fala biscaíña.
"SO´IK SO" (N. Medios 1995)
é o seguinte paso adiante na traxectoria de Ruper Ordorika.
Estamos na base dun consistente cambio de sonoridade para
as súas cancións. A importancia da canción
permanece pero ademais, nesta gravación mergullada
en novas texturas, apréciase un notable cambio. Músicos
de mundos moi diferentes, non so pola súa orixe, senón
polo seu estilo, danse cita neste singular disco.
"HIRU TRUKU II" (N. Medios 1997)
é a continuación do anterior disco no eido da
canción tradicional e ven a pechar a traxectoria do
trío con respecto a súa interpretación
de cancións da parte occidental do Pais Vasco. é
un disco de coplas, cancións líricas, cancións
de berce... Tamén este traballo se completa en base
ós contactos realizados durante estes anos: os dous
discos mestúranse en Londres e contan cos máis
sinalados invitados da escena folk inglesa.
"DABILEN HARRIA" (N. Medios 1998)
é un disco realizado con tres músicos da escena
de improvisación de Nova York. É, dalgún
xeito a continuación de "So´ik So"
e afonda no camiño alí iniciado. O disco, mesturado
por Quimi Portet, é moi ben recibido pola crítica
e público. Ruper Ordorika reforza deste xeito a súa
colaboración con músicos de mundos moi diferentes,
sempre a favor da canción, creando un disco de inquietante
beleza.
Durante estes anos, Ruper Ordorika ten actuado acompañado
dunha excelente e cambiante banda que desde os comezos coñecemos
como "Mugalaris". Despois de tantos e tantos concertos,
decide facer un disco en directo que reflicte esta colaboración.
Os concertos de gravación se celebran no Kafe Antzokia
de Bilbao os días 25 e 26 de novembro de 1999. Destas
actuacións, no medio da calor dun público entregado,
sae "GAUR" (Esan Ozenki 2000) como auténtica
testemuña de todos os momentos de Ruper Ordorika &
Mugalaris a través de quince cancións.
"HURRENGO GOIZEAN" (Metak 2001)
Neste novo traballo Ruper Ordorika inclúe once cancións
de gran beleza e madurez que nos levan máis alá
no mundo do autor. Gravado con un trío de grandes músicos:
Fernando Saunders, Ben Monder e Kenny Wollesen, é a
un tempo un traballo espontáneo e moi detallista...
"KANTUOK JARTZEN DITUT" (Metak
2003). Inclúe 12 novas cancións. Temas nos que
escoitamos a un autor que se move xa nunha paisaxe que el
mesmo creou: nun mundo musical propio e á vez extremadamente
aberto e actual. De novo con músicos da escena neoiorquina,
este disco integra máis, se cabe, todos os aspectos
do cantante: unha voz sobria e persoal; cancións profundas,
cheas de referencias á canción popular, ao rock,
a novas sonoridades
[+info]
|