O Concello de Pontevedra e Nordesía Produccións S.L.
presentan:
CON VOZ PROPIA
Ciclo de Cantautores
Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra
Xaneiro / Febreiro do 2004
Javier Ruibal
14 de febreiro
Xaneiro
Día 24

LLUIS LLACH
(Catalunya)

 

21:00 horas
anticipada 10,00 €
taquilla 12,00 €

Día 31

RUPER ORDORIKA
(Euskal Herría)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Febreiro
Día 7

MERCEDES PEÓN
(Galicia)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Día 14

JAVIER RUIBAL
(Andalucía)

 

21:00 horas
anticipada 6,00 €
taquilla 8,00 €

Día 18

MARIZA
(Portugal)

 

21:00 horas
anticipada 10,00 €
taquilla 12,00 €

Javier Ruibal é un músico que exerce de xeito profesional dende 1978. De formación heterodoxa e autodidacta recolle nas súas composicións ecos e fórmulas sonoras de culturas moi afastadas hoxe e moi próximas en tempos pasados. O soporte xeneroso do flamenco proporciónalle ritmo e harmonía sobre os que construír unha nova música onde conviven moitas outras: Sefarad, Estambul, Alexandría, Granada, Cádiz e O Caribe nesta orde ou en calquera outro.

Javier é cantante, guitarrista e autor da música, as letras e os arranxos das súas cancións. Ten publicados seis discos DUNA, CUERPO CELESTE, LA PIEL DE SARA, PENSIÓN TRIANA e CONTRABANDO e LAS DAMAS PRIMERO.

Cantan cancións súas Ana Belén, Mónica Molina, David Broza, Felipe Conde, El Guadiana, Luis Felipe Barrio... Ten composto músicas para Martirio e Javier Krahe. A súa canción "Tierra" formou parte do espectáculo de Joaquín Cortés PASIÓN GITANA.

A súa intención non é facer música de culto, é música moderna que incorpora elementos e influencias de jazz e rock. Javier Ruibal é autor dos textos das súas cancións. Nelas relátanse e retrátanse lugares e personaxes irreais e críbeis, do máis exótico xardín oriental ó cru e sucio asfalto; seres errantes e desarraigados que son agardados con entrega por outros seres, amores, arrebatos, intensos e máxicos, danzarinas turcas en París, flamencos en Manhatan, trens e barcos, femias e peiraos, raíñas de África, mariñeiros en Rota, rosas azuis, augas e lúas de Tánxer nunha paisaxe continua que o abarca todo. Diríase que os seus personaxes son os fillos desa especie de aldea global que xurdiu da súa música.

Las Damas Primero
Javier Ruibal co seu último disco evoluciona dende o flamenco máis puro, facendo da rumba festiva un acto "jondo", renunciando ás fusións fáciles que ultimamente fixeron deste un artigo pret a porter, algo ó alcance de todos de puro fácil... de puro baleiro... Todas as cancións deste disco viaxan a nós dende o máis apartado do sur vestidas de branco, portadoras da luz de El Puerto, contrabandistas do haxix rifeño... tranquilas...sedadas....tempadas...salgadas... e cando xa cansado de amar, baleiro de entrañas e consciente de que polo menos na ficción dos versos de Javier o amor faise presente para un, de que nalgún lugar do sur hai unha rica sombra de muller baixo a que un pode ser que aparque algún día...

Esto é para mín "LAS DAMAS PRIMERO".... O recuncho dos aromas.

Juan Echanove