|
A
súa imaxe afro-portuguesa de cabelos branqueados fálanos
dunha artista pouco convencional. En efecto: Mariza volta
a invertar o fado anque interprete o fado máis clásico.
Chegada á escena da man da nova sabia de voces portuguesas,
xa despunta como ninguén. E se o seu primeiro traballo,
Fado en Mim, móstraa como unha vocalista poderosa,
escoitala en directo é a única maneira de entender
por qué está causando sensación: "preciso
percibir a participación d público, o intercambio
de enerxía entre eles e eu. O vello mito do fado estático
é un concepto superado".
Non é frecuente poder dicir con razón
que "naceu unha estrela". Nembargante, a súa
recente ascensión ó éxito xustifica a
utilización do clixé. Sobre o escenario emana
encanto e carisma a partes iguais. Co seu gusto impecable
pola alta costura, cabelo inmaculadamente esculpido e a súa
gran voz, forte pero sensual, reúne todos os requisitos
para unha carreira realmente estelar.
A publicación de Fado en Mim mereceu
loubanza universal e numerosos recoñecementos internacionais
como o Premio á Mellor Artista Europea 2003 otorgado
pola BBC británica. Algo que tamén serviu para
atraer a atención do mundo cara a un amplo renacemento
das raíces portuguesas.
Pese a que naceu en Mozambique, pasou a maior
parte da súa infancia no barrio lisboeta de Mouraria,
que algúns describen como lugar de nacemento do fado.
Dende moi nova tiña claro que quería converterse
en cantante, e o restaurante dos seus pais era o lugar ideal
para comezar a cantar fado. Durante a súa adolescencia
e primeiros anos de xuventude, sen embargo, desertou do estilo
en favor do soul e do funk. Pero cando o productor e músico
Jorge Fernando escoitouna cantar fados unha noite, de forma
ocasional, quedouse tan impresionado que lle suxeriu que gravase
todo un disco neste xénero.
Nun principio dubidou, pero finalmente aceptou,
con un resultado tan popular entre o público portugués
que Mariza foi inmediatamente comparada coa gran fadista Amalia
Rodrigues. "É un gran cumprido", explica
Mariza, "pero somos moi diferentes, porque ela tiña
un xeito de sentir, e eu teño o meu xeito de sentir
a miña música e o meu xeito de ver o mundo".
Dende logo, a partir de Mariza o fado nunca volverá
a ser o mesmo...
|