|
Nace en Ferrol (A Coruña). Inicia
os seus estudos no Conservatorio Superior de Danza de Madrid
obtendo o Título Superior de Danza. Continúa a súa
formación como bailarín na Royal Academy of Dancing
- Spain.
Participa en varios cursos de Danza Clásica
na Asociación de Profesionais da Danza, Escola de Danza Pasos
e na Escola de Danza e Música de Galicia.
Na súa traxectoria profesional formou
parte das agrupacións Terra Meiga, Grupo Etnográfico
das Mariñas e do Ballet Galego "Rei de Viana",
e ten participado como bailarín invitado no espectáculo
"Noches de Broadway".
|