Nace en Ribeira (A Coruña). Inicia os seus estudos na Escola de Danza e Música de Galicia, e posteriormente na Universidade Menéndez Pelayo onde recebe clases de Danza Clásica da man de Carmen Roche. Ten sido alumno tamén de Carlos Iturrioz, Peter Stamm e Paqui González entre outros. Remata os seus estudos no Conservatorio Profesional de Danza de Madrid cun curso impartido por Luz Graciela Kraus e Juan Bosco Calvo.

En 1997 asume a dirección da Escola Municipal de Danza de Porto do Son (A Coruña).

Comenza a súa traxectoria profesional en 1988 como 1º bailarín do Ballet Galego "Rei de Viana", e participa ese mesmo ano como invitado na montaxe "Noches de Broadway".