 |
De formación autodidacta na música
tradicional galega. Posteriormente recebe clases de acordeón
de Victor Prieto, de percusión de Javier Ferreiro
e Leo Pimentel, e de armonía, composición e
arranxos de Suso Atanes e Abe Rábade.
Dende 1995 é membro do Grupo de
Música Tradicional do IGAEM (Instituto Galego das Artes
Escénicas e Musicais). Dende 1996 forma duo co recoñecido
gaiteiro Xesús Vaamonde. Entre 1996 e 2000 forma parte
como percusionista e compositor do cuarteto tradicional Lelia
Doura, co que acada as máis importantes distincións
dentro da música tradicional en Galicia.
|
|
Entre 1999 e 2001 forma parte do espectáculo
multiartístico Projecto Ninguém, na súa
montaxe "Ball-cans"; e participa en numerosos proxectos
que van dende as sintonías radiofónicas (cadena SER),
ou a edición colectiva de partituras ("Doce polainas
enteiras"), a colaboracións en traballos de artistas
como Mercedes Peón, Antón Seijo, Xesús
Vaamonde, Trajadesaliva...
En 2000 asume a composición e dirección
musical da compañía NOVA GALEGA DE DANZA, da
que tamén é acordeonista e percusionista. Dende 2001
é colaborador e locutor habitual do programa de música
"Lume na palleira" da Radio Galega (radio
pública galega).
|