Comeza a súa traxectoria como gaiteiro da man de D. Xerardo García. Progresivamente formase de xeito autodidacta na música tradicional galega. En 1999 rematas o curso de Formación Musical e Didáctica na Escola de Maxisterio Musical da Universidade da Coruña con Matrícula de Honor. Realiza cursos de armonía, composición e arranxos, piano e saxo, entre outros.

Dende 1998 é profesor de gaita, percusión e solfexo e director artístico na Asociación "O Castro" de Miño (A Coruña). Dende 1999 é profesor na Escola Municipal do Folclore de Abegondo (A Coruña). Ten impartido cursos en diversos centros galegos na Emigración e participado como xurado en numerosos concursos.

Posiblemente sexa o músico con maior número de galardóns no seu haber dentro da música popular en Galicia, ben como solista, ben como membro fundador de prestixiosos cuartetos como Lelia Doura ou, na actualidade, Luvas verdes no que desenvolve todo o potencial desta formación tradicional. Paralelamente é músico solista da orquestra do violinista Antón Seijo. Ten publicado obras súas no libro-disco "Doce polainas enteiras" (Ed. do Cumio, 1998). En 2002 entra a formar parte como intérprete e compositor da compañía NOVA GALEGA DE DANZA.