Comeza os seus estudos de violino aos 6 anos, no Conservatorio Superior de Música da Coruña, obtendo en tódoslos cursos a máxima cualificación. Remata os seus estudos no Conservatorio Superior de Oviedo con Matrícula de Honor.

A súa actividade violinística repártese entre a música clasica e a música tradicional galega: 1990 - 1992, Orquestra de Cámara Municipal da Coruña, en 1995 funda a Orquestra de Cámara Galega, dende 1996 é Profesor Titular de Violino no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Entre 1995 e 2000 forma parte do grupo folk galego Luar na Lubre con quen grava os discos "Plenilunio" e "Cabo do mundo", ambolosdous Disco de Oro e con 3 premios da SGAE, sendo o único grupo galego en acadalo.

Paralelamente e dende 1995 ven realizando numerosas colaboracións discográficas con artistas como Susana Seivane, Uxía, Os Cempés, Doa,... Asemade entre 1998 e 2001 forma parte como compositor e intérprete do espectáculo multiartístico Projecto Ninguém, na súa montaxe "Ball-cans" (CD editado por RUNA RECORDS en 2000).

En 2002 entra a formar parte da NOVA GALEGA DE DANZA.